Botadura do Bote de Pao


O Bote de Pao vai ser botado oficialmente o sábado 17 ás 17:00 en Ferrol. Este barco é unha réplica do Pajarito, un bote pulpeiro de 1907, foi contruido por Cesar Loureiro Quintiana de Cedeira, e o seu armador é Juan Romero “Tio Mini”.
Sempre que se bota un barco é unha festa, como dicía unha vella armadora os barcos son prendas moi queridas, pero neste caso ainda máis porque para todos é un vello coñecido xa que puidemos ver o nacemento do Bote de Pao, desde o seus planos iniciais ata as probas de mar, cun completo seguimento fotográfico de todo o proceso gracias o seu magnífico web.
Na foto de arriba podedes velo no pantalán para facer as probas de estabilidade.
Desexámoslle bo vento.