Bou de vara é o blog de Xaquín Lopez Cuiñas, membro do Clube Mariño Salnés, e expresidente da FGCMF.
Neste blog atoparedes entre outras cousas, un repaso pola historia do CM Salnés, e de paso pola historia da Federación. Tamén trae a coñecemento de todos persoas ou colectivos que non son moi coñecidos/valorados pero que merecen ser destacados. No seu post inicial marca o seu camiño:
Este blog quere facer unha homenaxe a aquelas persoas que andan no mar, sinten o mar e nunca saen nas fotos.
Recomendamos a visita a este blog e agradecemos o traballo pasado e presente de Xaquín. É importante de cando en vez mirar atrás e lembrar de onde vimos e como chegamos ata aquí.