Buque hospital Juan de la Cosa. Xornadas de portas abertas


Desde hoxe e ata o día 4 vai estar atracado no Muelle de trasatlánticos da Coruña o Juan de la Cosa, e poderase visitar en horario de 16 a 18 h os días 1,2 e 3, e de 10 a 12 h o día 4.
O Juan de la Cosa, un buque hospital que pertence ao Instituto Social da Mariña, da apoio á flota que pesca no Atlántico Norte, principalmente aos barcos de Galicia, Asturias, Cantabria e Pais Vasco, ainda que xa atendeu a xente de moitas nacionalidades.
Este barco, con 75 m de eslora, e unha tripulación de 30 persoas, non so presta labores de hospital, senón que pode apoiar a flota suministrando combustible, auga, electricidade, e un equipo de mergulladores.