A finais do pasado 2008 naceu Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, e o seu fin é traballar para o estudio, difusión e protección do patrimonio industrial.
Buxa vai colaborar na elaboración do Inventario do Patrimonio Industrial de Galicia que se vai levar adiante baixo a dirección de Xoan Carmona, catedrático da Historia Económica da USC.
No web de Buxa hai un interesante documento con fotos da evolución de ASTANO, desde o seu nacemento ata prácticamente os nosos días, de onde foi tirada a fotografía de arriba.