Rematou a presencia da Tallships en Vigo, e empezan a aparecer nos blogs as impresións, diarios, etc, de xente que estivo presente ou traballou no evento.
En BoudeVara, Xaquín cóntanos acompañado de fotos de Lino Prieto, os traballos iniciais.
No blog de ACD Dorna, Mari Carmen da conta puntual e detallada da travesía Arousa-Vigo dos barcos de Dorna e dos da Rabandeira de Vilanova, acompañada de fotos feitas por Marro e outros tripulantes.
En Una mirada a la ria de Vigo, Amiga Atlántica tamén da conta dos momentos da saida da flota desde a Laxe ata Cies con bastantes fotos.
Se sabedes de máis “cadernos” agradeceríamos os datos.
(Foto Lino Prieto)