Cambio de data da Regata da Area Seba

Desde Amigos da Dorna Meca comunican o cambio de data da Regata de Area Seba, que pasa ao sabado 23 de xuño.

A saída será o sábado día 23 ás 16 horas do Porto de O Grove para dirixirse á baliza do Arido, unha vez rebasada continúa o percorrido cara o Oeste ata a baliza de delimitación dos límites do polígono de bateas, deixando a mesma por babor para dirixirse á meta que estará no mesmo porto da saída. Serán dúas voltas completando así un percorrido de algo máis de 7 millas naúticas, salvo que o vento fose insuficente, caso no que se suspendería a segunda volta.

Para esta proba está prevista a participación de embarcacións de diversas asociacións e clubes como ACD Dorna da Illa de Arousa, Fasquía da Illa de Arousa, Lajareu de Ribeira, Clube Mariño Salnés de Cambados, Amigos da Dorna de Portonovo, Náutico Rodeira de Cangas, Sueste de Moaña e Rabandeira de Vilanova de Arousa…. esperase a participación de ó redor de 40 dornas.

Nesta edición contamos co patrocinio da sección de deportes da Excma. Deputación de Pontevedra.

Colaboran na organización: Bar Manos, Caixanova, e Electrodomésticos Electrocoirón.

Ó remate da competición celebrarase a entrega de premios nas instalacións da Lonxa de Contratación, así como un pincho para os participantes.