Cambios na axenda de Dorna Meca

Amigos da Dorna meca anunciou algunhas mudanzas na súa axenda de actividades para o que resta de tempada.

Para comezar, o sábado 18 de setembro celebrarán a súa homenaxe ao Mestre Dorneiro Paterí.

A XII Regata de Porto Meloxo adíase até o sábado 16 de outubro.

As regatas de dornas a vela e remo que habitualmente coinciden coa Festa do Marisco quedan anuladas.

Desde o colectivo informan de que é posible que en datas próximas convoquen algunha actividade adicional se as circunstancias o permiten.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *