Cambios nas comidas do X Encontro

Debido á delicada situación económica do X Encontro o Comité Organizador vese na obriga de facer cambios no anunciado previamente sobre as comidas.

Cada comida ou cea custará 6 euros, e haberá dous bonos, un de 10 euros que cubrirá a cea e comida das xornadas previas en Vilaxoan, e outro de 30 euros que cubrirá as 6 comidas e ceas do Encontro en Carril. Pronto poñerase ao público un formulario onde reservar os tickets e bonos para as comidas.

Lamentamos ter que tomar esta medida. Sabemos que estos non son tempos bos para as economías persoais, sabemos das dificultades que están a pasar os colectivos que se adican a recuperar a cultura marítima e fluvial en Galicia, Portugal, Andalucía, Pais Vasco, Cataluña, etc. e que van ter representación no X Encontro. Pero a alternativa á suba nos prezos da comida era a suspensión do Encontro.

O Comité organizador considera que o Encontro é importante demais para suspendelo, hai moito traballo e ilusión investidos nel por moita xente e levase facendo ininterrumpidamente dende hai 18 anos, contra vento e marea.
Pedimos a vosa comprensión e colaboración. Na empresa de facer o posible para que o Encontro sexa un éxito hai moitas persoas pero tamén hai sitio para todos os que se queiran incorporar, entre todos levaremos o barco a porto.

O Comité Organizador do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

6 cometarios sobre “Cambios nas comidas do X Encontro

  1. Totalmente comprensible y lógico. A pesar de los tiempos que corren para todos, 5€ más en un bono de 6 comidas creo que es totalmente asumible por todo el mundo. Al final cada comida sale por 5€, ni en casa.
    Mucho ánimo para el equipo organizador del Encontro que con gran esfuerzo, son los que se enfrentan, día a día,a esta situación de abandono por parte de las administraciones.
    Seguro que cuando empiecen a atracar las embarcaciones en el peirao de Carril, y podais abrazar a tantos amigos que vienen de tantos puntos geográficos diferentes, todos los esfuerzos habrán merecido la pena.
    Ya queda menos. Un saludo

  2. Adelante con el Encontro! Acertada decisón, creo que es un sobrecoste asumible y la alternativa no era una opción.

    1. Creo que se está relativizando o asunto da financiación do Encontro a cuestións que si son asumibles e co as que estou seguro nunca habería problema entre “nos” (manutención, camisetas, …). O caso é mais grave que eso. O Encontro ten unha transcendencia social e esta ben dada a través de todalas accións que de él se desprenden, que o fan atractivo como evento para a sociedade e de ahí xurde a promoción. No Encontro vemonos todos e de eso estamos moi contentos, pero é unha cita para a PROMOCIÓN da CULTURA MARITIMA de GALICIA é en xeral. Ten unha especie de compromiso de realización e de calidade que se acadou cos anos (coa experiencia, coa ilusión, co traballo) e con mais ou menos cartos debese manter, pero eso requiere uns minimos economicos, non ten que ser tanto como en outros anos (ainda que, porque non?), pero si ten que ter un minimo acorde co prestixio e relevancia acadados, a nivel estatal e internacional.
      É unha pena que esto non se vexa onde ten que verse.
      E estou seguro que será un exito de igual xeito.

      Saúde

      1. De acordo en que se pode trivializar a falta de financiación se só se fala de camisetas e comida. Nós sabemos que a comida é importante, como o é cando se xunta a familia na fin de semana, pero a comida non é o que fai que vaias comer coa familia.

        Os encontros son un escaparate do traballo os dous anos pasados, son unha oportunidade de mostrar aspectos da nosa cultura, unha oportunidade de poñer en valor un porto determinado. Promocionan a nosa cultura dentro e fora de Galicia.

        Son unha importante fonte de ingresos para a economía local. Son un lugar de “encontro”, un lugar onde se xunta xente interesada na cultura do mar e dos rios, onde se intercambian ideas, opinións, e sentimentos. Dinamizan a zona na que se celebran.

        E estou de acordo en que merecen un repecto “económico”, merecen que se coiden para que sigan dando froitos, ainda en tempos de penuria orzamentaria.

  3. Parabens á organización. Non é doado estar nestas situacións e se xa é complicado organizar cousas, moito máis cando escasean os cartos.
    Completamente dacordo co que di Fernando. É unha verdadeira mágoa que unha actividade como esta non só non dispoña do mesmo de anteriores edicións, senón que se debería contar con máis. Mágoa non por ter máis orzamento, mágoa porque son dinamizadores da economía local, do tecido cultural patrimonial e un atractivo turístico para Galicia. Hai que ser cego para non velo, pero tá claro que a clase política semellan ser piratas de doble parche. En fin, paciencia.

    Está claro que haberá Encontros.
    Alí estaremos.
    Serán escaparate do Patrimonio Cultural.
    Virán milleiros de persoas.
    E estaremos orgullosos/as de ter participado nos Encontros 2011

Comments are closed.