Os membros de Xubimar acaban de rematar a recuperación dunha canoa de Muros, a Canoa Muradana, que aparella con vela de relinga.
Esta recuperación é especial, por dous motivos, primeiro porque non hai moitas canoas/bucetas que aparellen vela de relinga, e segundo, e principalmente, porque Xubimar é a Asociación Muradana de Xubilados do Mar e Pescadores de Recreo. Que xente que andivo toda a vida ao mar decida recuperar un dos seus barcos é unha magnífica noticia. Precisamos que os homes que xa non traballan profesionalmente no mar transmitan o seu saber. Queda moito que aprender deles.
Máis fotos en Homesdepedraenbarcosdepau.
2 cometarios sobre “Canoa Muradana. Un novo barco na flota.”
Comments are closed.
O asteleiro O´Diaño recupera, de novo, outra embarcación pra ria do ferrol. Tratase do Bailón,
que tras un duro traballo, voltou as augas da ria
grazas o interés dun amante da vela tradicional,
que en mas da xente de Curuto, foron quen de salvar
outra embarcación, que era carne de riveira.
Noraboa señores.[img_assist|nid=6298|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=66][img_assist|nid=6297|title=|desc=|link=popup|align=left|width=66|height=100][img_assist|nid=6293|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=66]
Que tipo de barco é o Bailón? a que se adicaba?