A carpintaría de ribeira declarada “ben de interese cultural”

Hoxe, venres 9 de xuño de 2017, por fin se publicou no DOG a “RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2017, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural do patrimonio inmaterial as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira” que dende Culturmar se levaba tanto tempo agardando.

Coa publicación deste importante documento agardase avanzar na protección e dinamización das embarcacións tradicionais de Galicia. Agora toca lelo detidamente, consultar o expediente e de ser o caso, presentar as alegacións e informacións que se consideren oportunas, agardando que non se demore moito a súa aprobación definitiva.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.