Cartas de punto maior. A costa galega no Arquivo Pacheco. Exposición

Mañán venres 24 de xuño ás 21:00 h vaise inaugurar no Museo do Mar de Galicia a exposición Cartas de punto maior. A costa galega no Arquivo Pacheco.
Consta mais de 80 fotografías temáticas sobre a costa galega (sendo dominantes as de Vigo, tamen inclúe fotos de Malpica, Corme, A Pobra, Cabo de Cruz, Rianxo, Raxó, Aldán, Moaña) do Arquivo Pacheco feitas entre 1895 e 1960 principalmente por Pacheco. Estas fotografías permítennos recoñecer e analizar os principais elementos que forxaron a nosa identidade marítima durante a primeira metade do século XX. Unha identidade que levou ás embarcacións do areal ao peirao. Este paso crucial, de non retorno, modificou a fasquía costeira de Galicia a través da industrialización do noso litoral, co conseguinte aumento demográfico. Un camiño que comezou a finais do século XIX.