Case chega a primavera ás rías

Inda non é primavera, pero xa se sinte a chegada do tempo de navegar. En Vilaxoan os membros da ACD Dorna empezan hoxe os traballos para preparar os seus barcos para o Día das Letras no que comezan oficialmente a navegar. E seguen a traballar na nave dunha antiga conserveira cedida temporalmente polo seu dono porque non dispoñen dun sitio máis adecuado a pesar da importancia en número e calidade dos barcos que coidan.

Dorna Meca tamén pensa activar mañán os seus barcos e no norte os Patexeiros seguen traballando na Balbina.

Desde o pasado sábado 23 na banda do norte da ria de Arousa, Lajareu comezou o Campionato de inverno de dornas a vela (arriba na foto). As seguintes probas serán o 9 e 23 de marzo e 6 de abril.