Cea de fin da tempada da E.N.T.


O pasado sábado 18 de outubro tivo lugar a cea de fin de tempada da Escola de Navegación Tradicional da Illa de Arousa.
Durante a cea entregáronse os premios do IV Trofeo Galicia de Dornas a Vela, que outorga a FGCMF, e que este ano foi para a Cariñosa, de Checo e Victor, seguida da Nécora de Braulio e Harri, e da Xarandeira de Santi e Juan.
A cea foi tamén un momento para rencontrarse con vellos amigos, xa son vellos amigos, que nos acompañaron en Brest, como os membros de Leilía e Treixadura, e os camioneiros que tanto nos teñen axudado.
(Foto tomada de Fasquía, onde poderedes ver máis fotos)