Nos últimos días tiveron lugar varias presentacións do último número da Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial, Nova Ardentía.
As localidades de O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa e Ferrol acolleron os actos nos que participaron membros do comité de redacción, colaboradores/as da revista e axentes locais implicados na salvagarda do noso patrimonio marítimo e fluvial.
Deixámosvos algunhas imaxes das recentes presentacións.