O Museo do Mar empezou a súa temporada de conferencias cun ciclo sobre a relación da muller, o mar e a pesca. As conferencias serán os xoves ás 20:00 horas.
Este xovés 22 de setembro, a conferencia titularase A memoria dun barrio conserveiro. Dende principios do pasado século XX, o barrio vigués de Alcabre foi un dos que alimentou de traballadoras a puxante industria conserveira da Ría. Agás determinados postos alleos á manipulación, o proceso da conserva estivo sempre en mans do persoal feminino. Unha veterana traballadora do sector, con corenta anos de experiencia como operaria dunha conserveira, ten o perfil ideal para contar ó público a historia de persoas coma ela.
O Museo, dado o éxito que acadou, prorroga a exposición “As visións do bacallau” ata o día 25 de setembro.