Do o 21 ao 24 de xuño están tendo lugar unha serie de conferencias organizadas por Orsoaldea, un dos socios do Proxecto Dorna. Mañán dentro deste ciclo o Museo Naval de Donostia-San Sebastián será a sede da xornada, na que participarán Pablo Carrera, Director do Museo do Mar de Galicia, coa conferencia ‘Patrimonio marítimo, museos e sociedade. A colaboración necesaria para a salvagarda da cultura marítima’, e Soco Romano, Directora do Museo Naval de Gipúscoa, quen se ocupará do patrimonio marítimo no País Vasco.
O ciclo pecharase o 24 coa intervención de Xabi Agote, Director de Ondartxo, e Xabier Alberdi, doutor en historia.