Coas nosas mans


Coas nosas mans é un sitio web que acaba de gañar o accesit do Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro.
Este web é o proxecto do Grupo de Novos Medios da USC, cun equipo integrado por alumnos das titulacións de Xornalismo e Comunicación Audiovisual dirixidos polos profesores Xavier Vaz e Manuel Gago, dentro do marco de actividades realizadas polo Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela’08 As Cociñas do Atlántico.
O concepto baséase en dúas historias multimedia, concibidas para seren vistas en web, que relatan a relación entre os cultivadores e os alimentos. Cada historia corresponde a un alimento concreto representativo de Galicia, e explora como ese alimento se imbrica na cultura, na economía e na sociedade, a través dos protagonistas da reportaxe e a súa comunidade.
Unha destas historias está adicada ao mar, e nela podedes ver a xornada de traballo dun mariscador de Cesantes, como o mar vertebra a vida de Rianxo, ou como Xosé Cannas, cociñeiro de Pepe Vieira, compra e prepara unha pescada con herbas aromáticas.
(via Capítulo 0)