Cando se escomezou a traballar de cara a Brest08, xurdeu polo camiño a idea de facer algo que quedara en beneficio de Galicia e da súa cultura, para elo resultaba imprescindible a colaboración entre a Consellería de Cultura e a FGCMF. De esta idea xurde NaBeira08 (xa está activo o seu web). Facer unhas accións que teñan unha certa continuidade no tempo e que poidan transmitir por diferentes portos de Galicia o que é a nosa cultura.
Neste proxecto, embarcáse a nova exposición da FGCMF. feita en colaboración coa Consellería de Cultura e embarcánse os barcos e os seus patróns, coa presencia en terra e no mar, así haberá: Exposicións, talleres de xogos para os mais cativos, navegación e embarcacións en terra.
Este proxecto rulará por diferentes portos de acordo co seguinte calendario:
06 de Maio. Bouzas, Vigo. Colabora Mariñeiros de Bouzas
13 de Maio. Cangas. Colabora Mar da Pedra
17 de Maio. Pontevedra. Colaboran: Reiboa e Galos.
20 de Maio. Bueu. Colabora. Galos.
27 de Maio. Vilagarcía. Colaborán: Rompetimóns e A.C. Vilaxoan
03 de Xuño. Ribeira. Colaboran: Lajareu e R.I. Confraría
10 de Xuño. Monforte de Lemos. Colaboran: Barcas do Miño
17 de Xuño. Cambados. Colaboran: C. M. Salnés e Calmoseira
24 de Xuño. Muros A Coruña. Colabora, Mar de Muros
01 de Xullo. A Coruña. Amigos Emb. Tradicionais A Coruña.
Dispois virá o Encontro en Ferrol. E logo veremos o xeito de seguir dinamizandoa, ata Brest. Colexios …