Moita xente que non asistiu nunca a un Encontro pregunta como é, que se fai, porqué paga a pena asistir.
Este video é un pequeno resume do IX Encontro. O encontro de Muros foi moito máis que o que se ve nel, pero pode servir para facerse unha idea dos barcos, da riqueza cultural, complexidade, alegría, relacións persoais, e festa que se poñen en marcha cada dous anos para celebrar a cultura do mar e dos rios.
4 cometarios sobre “Como é un Encontro”
Comments are closed.
Un documental fermoso duns Encontros formidables. Noraboa ós seus realizadores, queda moi ben reflexado o que significou esta festa, para min unha das millores das que teño visto.
O documental está realizado por Ramon, unha persoa que xa leva anos con nós recollendo imáxenes dos Encontros, da viaxe a Brest, etc. Por iso coñecenos ben e sabe plasmar en imáxenes o sentimento da nosa gran festa da cultura e do patrimonio marítimo galego.
Este documental da páxina web é un resumo do documental orixinal que dura 54 minutos e que podese mercar na FGCMF
De certo fermosísimo.
Como podemos mercalo?
Gardádeme unha copia … se non é moi caro.
O DVD pode mercarse solicitándolo na FGCMF, teléfono 986524845, Non lembro o precio agora, pero o envian a casa ou se pode recoller na sede da Federación.