Como é a maragota no fondo do mar, que pinta ten, como se comporta? Os mariñeiros acumulan un gran coñecemento empírico sobre o comportamento dos peixes, pero sempre desde o punto de vista do que está a pescar.
Se queremos ver como son os peixes no mar hai que recurrir aos biólogos e mergulladores.
David Villegas é as dúas cousas, e ademais fotógrafo submarino, e tamén é o responsable do blog Peixes de Galicia. Neste blog o autor publica fotos de peixes da nosa costa acompañados de interesantes comentarios sobre a vida do peixe.
Por exemplo, no caso da maragota podemos enterarnos de que nacen femias e despois vólvesen machos cos anos, ou que chegan a vivir trinta anos.
David tamén é o autor do blog Mar de Aguete, con fotografías submarinas desa zona da ría de Pontevedra, e ao que recomendamos tamén unha visita
Un comentario sobre “Como son as maragotas no mar?. Peixes de Galicia. Blog”
Comments are closed.
Gracias, alégrome de que o encontredes interesante.
Un saúdo.