CULTURMAR-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, en nome de todos os colectivos que a conformamos, e particularmente das asociacións veciñas Clube Mariño A Reiboa de Combarro-Poio e Amigos da Dorna de Portonovo, achégalles ás comunidades mariñeiras de Poio e Portonovo e ás familias unha sentida aperta de condolencia polo pasamento dos tres mariñeiros do “Nuevo Marcos”.