Constituído o comité organizador do XV Encontro

Na tarde do sábado 12 de setembro foi constituído en Moaña o comité organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que terá lugar na vila do Morrazo o ano próximo.

A reunión, que tivo lugar no salón de plenos do Concello, contou coa presenza de representantes das entidades organizadoras (Culturmar, Sueste e Concello de Moaña), alén dunha nutrida representación do tecido asociativo local. Colectivos de profesionais do mar, veciñais, de mulleres, culturais, de comerciantes entre outros, ficaron xa comprometidos desde o primeiro minuto na organización desta grande festa da cultura marítima e fluvial.

Neste primeira sesión, foron xa perfiladas as comisións de traballo que desenvolverán nos próximos meses o programa do Encontro, distribuíndose as principais responsabilidades individuais e tarefas inmediatas.

Con este novo paso, avanzamos no camiño que culminará entre os días 5 e 8 de agosto de 2021 pero que estará inzado de actividades de toda clase coa participación de toda a sociedade moañesa.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *