Continúa a odisea do Bernardo Alfageme

Onte e hoxe veciños de Coia están facendo garda na rotonda do Alcalmpo en Vigo para que que non se poña nesa rotonda o Bernardo Alfageme. Diante da decisión do Alcalde de Vigo de situar o barco na rotonda (en contra da decisión do Pleno), os veciños decidiron en asemblea aberta que non queren o barco na rotonda e farán o posible para evitalo porque pensan que é un despilfarro, sobre todo cando hai familias no barrio que están pasando por situacións económicas moi difíciles. E tamén porque consideran que un elemento tan significativo do patrimonio marítimo industrial merece un lugar adecuado para que a cidadanía poida gozar del.

Temos falado do Bernardo Alfageme aquí anteriormente, sabemos da dificultade de atopar un destino acaido ao barco, pero situar un arrastreiro do ano 1944 nunha rotonda non parece unha forma adecuada de coidar, promover e socializar o patrimonio marítimo.

Pódese seguir en twitter o que pasa na rotonda no hashtag #NONaoBARCOnaROTONDAdeCOIA ou aquí

A noticia en: Faro de Vigo, La Voz de Galicia, VigoDixital

(Imaxe: Recreación da rotonda, Faro de Vigo)

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.