CONVITE Á PRESENTACIÓN DO LIBRO “MÁIS NUNCA MÁIS”

Coincidindo coa exposición

MÁIS NUNCA MÁIS, Crónica popular dun pobo en pé tras a marea negra do Prestige 2002-2003,
o vindeiro martes 26 de febreiro ás 20.00h. na Sala Municipal de Exposicións Palexco da Coruña ímos
presentar o libro MÁIS NUNCA MÁIS editado por Difusora de Letras, Artes e Ideas, cunha ampla
compilación de manifestos e comunicados de todo tipo, desde os oficiais lidos nas manifestacións ata os

emitidos por colectivos ecoloxístas, culturais ou políticos.

Como sexa que a vosa entidade figura como asinante nalgún dos textos editados, gostaríanos contar coa vosa

presencia neste acto.

Intervirán na presentación Manuel Rivas, Celtia Sar, Xosé Lois Vázquez, Pulpiño Viascón e Xurxo Souto.

Unha aperta sempre solidaria!

MÁIS NUNCA MÁIS, Crónica popular dun pobo en pé tras a marea negra do Prestige 2002-2003
Videoinstalación
Un proxecto de Radio Buguina
promovido pola A.C. Unha Gran Burla Negra
co soporte do Concello da Coruña Radio Buguina, febreiro 2019.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.