¡¡ O convoi xa está fondeado na Guarda!!

3ª Etapa: O convoi xa chegou á Guarda e as tripulacións xa están nas súas casas. Os barcos esperan fondeados o comezo do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia o vindeiro xoves 11.

Video do convoi ao paso por Cabo Silleiro

O Convoi ao paso polas Mariñas, en Mougás e por Santa María de Oia

2ª Etapa: O convoi saiu  de Muros ás 6 da mañá cara a Illa de Sálvora, onde  se incorporaron as embarcacións procedentes da ría de Arousa.

Despois do reagrupamento do convoi, continuou a navegación cara a Illa de Ons, onde agardaban as embarcacións procedentes da ría de Pontevedra, para seguir a navegación cara ás Illas Cíes, onde se incorporaron as embarcacións da ría de Vigo.
Nestes momentos a frota fondea na Praia de Rodas.

https://photos.app.goo.gl/Vc2aJg1YwLjUkHzs9

1ª Etapa: o 29 de xuño iniciouse a marcha do convoi cara A Guarda, coa saída desde A Coruña dos barcos Calagraña, Margareta 1957 e Lakuma, facendo noite en Laxe/Muxía, para seguir o domingo 30 ata Muros, onde quedarán amarradas na o mariña tradicional ata seguinte semana. Os barcos da ría de Muros sairán para recibir a esta avanzada do convoi.

Un comentario sobre “¡¡ O convoi xa está fondeado na Guarda!!

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *