O vindeiro venres 11 ás 21:00 h vai ter lugar na sala Amalia de Bueu unha nova convocatoria para os interesados en formar parte ou apoiar a Coordinadora en defensa do estaleiro da Banda do Rio.
Na anterior convocatoria iniciouse a elaboración dun manifesto en defensa do taller de Purro, e decidiuse a convocatoria dunha concentración diante do Estaleiro o sábado 19 de febreiro ás 17:00 h.
2 cometarios sobre “Coordinadora en defensa do estaleiro da Banda do Rio. Bueu”
Comments are closed.
¿ e por qué non, Coordinadora pola defensa dás carpinterias
de ribeira ?. Porque si non se axudan e apoian cando teñen
grandes proxectos “……” , quedaran para museos e estudos
etnográficos.
Sí que sí. E penso que non nos debemos conformar en que teñan que ser “anexos museísticos”. A actividade que se quere salvagardar non ten necesariamente que estar petrificada nun museo. Mellor que esté viva e coleando. E dunha vez que esto se consiga tamén se pode musealizar a ela mesma. Unha cousa parecida tiñan en mente os de Agalcari.Pero as mesmas asociacións de base poden facelo. Exemplos hainos pra quen quera velos, Pasaia ou sen ir máis lonxe en Moaña que comezou sendo un empeño de catro ghatos e a agora por eles mesmos conseguiron algo que se pode emprender noutros lugares. Lembradevos de Moaña que moito mérito teñen !