Copa Balbina 2013. Sada


O vindeiro sábado vai ter lugar en Sada ás 17:00 h a Copa Balbina, que organiza a A.C.M. Os Patexeiros de Sada. Nesta ocasión o formato da Copa é moi distinto, en lugar das catro probas e puntuación por participación noutros eventos haberá unha única regata a dúas mangas.
Esta regata marcará a fin da tempada no Golfo Ártabro. Os Patexeiros teñen previsto subir os seus barcos a terra, para evitar os problemas que xa lles crearon outros anos os temporais do inverno.
A Copa Balbina, a quen a imaxe non lle fai xustiza, ponse en xogo cada ano e o gañador queda con ela ata a seguinte edición. Neste momento está en poder de Jaime dos Patexeiros.