CORUÑA, catro temas. Libro

O vindeiro luns 15 de decembro ás 18:00 h vaise presentar no CGAI o libro de fotografías de Francisco Pillado, CORUÑA, catro temas.

Francisco Pillado González foi un fotógrafo afeccionado da Coruña, nado en 1892 e morto en 1977, e que foi un dos fundadores da Sociedade Fotográfica da Coruña. Este libro que mostra o seu traballo foi editado polos seus netos e netas. A selección e ordenación das máis de 100 fotografías publicadas no libro correu a cargo de José Caruncho, autor tamén do texto introductorio que aparece en galego, español e inglés.

O libro ten catro seccións: A cidade, os arcos, o porto, as persoas. A sección adicada ao porto consta de 35 fotografías que recollen imaxes de mediados do século XX relacionadas co mar. Parte das imaxes son propriamente de porto da Coruña pero algunhas son da praia de Riazor aínda que todas mostran actividades relacionadas coa pesca.

As fotografías de Pillado non só teñen unha grande calidade, teñen ademais un alto valor documental no referido ao mundo do mar. Nas publicadas no libro podemos ver unha variada tipoloxía de pequenas embarcacións do norte. Tamén aparecen: tripulacións comendo abordo, un mediomundo, mariñeiros encarnando o palangre, redeiros, pataches e balandros, pescadores de cana, pequenas motoras, e incluso mariscadores na dársena.

Parabéns á familia Pillado por ter rescatado para todos o magnífico traballo do seu avó e o noso agradecemento polo permiso para usar a fotografía de arriba.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.