Cota de comida no VIII Encontro

Os organizadores do VIII Encontro comunican que os inscritos interesados poderán comer e cear un menú pagando unha cota de 20 euros por persoa.
Esta cota daría dereito a comida e cea os catro días do Encontro.
O pago da cota poderase facer mediante ingreso nunha conta que pronto se comunicará, ou directamente na Recepción do Encontro.
Os xa inscritos, no caso de estaren interesados nesta oferta, por favor, contacten coa organización en ferrol2007@culturamaritima.org

Un comentario sobre “Cota de comida no VIII Encontro

  1. No que se refire a manutención aqueles tripulantes que non desexen comer e cear todolos días e non queiran utilizar a oferta de 20 € poderán comer e cear no comedor retirando os tiques o día anterior pola mañan a un prezo de 5 € por cada comida.
    Pasará o mesmo con os que decidan aceptar a oferta,terán que confirmar o dia anterior a súa asistencia.

    Ter en conta que para manutención non hai subvención de ningún organismo oficial,e temos que saber con antelación con canta xente contamos para previsión de alimentos,xa que cociñamos en función da xente inscrita cada día.
    saúdos
    A organización

Comments are closed.