Os cruceiros que visitan A Coruña son os protagonistas do blog Cruceros en la ciudad de cristal, mantido por Diego Veiga. A cantidade e calidade das fotografías que aparecen no blog, pero sobre todo a calidade da información que as acompaña fan aconsellable a visita a este blog. Non só saberemos dos cruceiros que pasen pola Coruña e dos cruceiros en xeral, senón que nos poderemos enterar de curiosos sucedidos como o que lle pasou ao Fram, o barco da imaxe de arriba. O Fram é un pequeno cruceiro deseñado para traballar en zonas de xeo e que parte do ano traballa no Ártico e outra parte no Antártico, e cando de vai dun ao outro pasa pola Coruña.
(Imaxe José Montero)
3 cometarios sobre “Cruceros en la ciudad de cristal. Blog”
Comments are closed.
Os Hartigruten, son cruceiros ben coñecidos polos mariñeiros galegos, pois moitos de eles traballaron en esta compañia ala pola Noruegas.
Inda está por escribir a historia dos mariñeiros galegos nas mercantes dos países do norte. Moitas grazas pola información
Hurtigruten, do noruego “hurtig” e “ruten”, traducido como Grandes Rutas, é unha compañía noruega de cruceiros, coa curiosidade de que hai rutas que tanto son para turistas como un xente que quere ir dun punto a outro da costa Noruega. De feito unha ruta estrela é a que vai de Bergen a Kirkenes, preto de 2000 kilómetros de costa con paisaxes incribles, onde se pode experimentar o Sol de Medianoite e a Aurora Boreal (As Luces do Norte).
Para máis información: http://www.hurtigruten.com/norway-voyages/?gclid=CPeg7eGY0bYCFRTMtAodVDgA1w
Sobre os mariñeiros galegos, hai un par de documentais moi interesantes e recentes, que son unha homenaxe moi persoal á vida desta xente:
+ Vikingland, de Xurxo Chirro, dun ferry entre Dinamarca e Alemania, gravado polo “Haia” (Luis Lomba). http://vimeo.com/55313678
+ Imaxes Secretas, de Diana Toucedo, desta vez por terras arxentinas. http://vimeo.com/61185773