Curso de carpintaría de ribeira en Lorbé

Cartaz do curso

Os Patexeiros organizan un ano mais o seu xa tradicional curso de carpintaría de ribeira, que chega á súa oitava edición.

O curso, que é gratuíto, dará comezo o próximo sábado 3 de outubro e continuará con sesións matutinas nos sucesivos sábados até o 14 de novembro.

En total, 24 horas de formación para aprender os fundamentos da construcción e mantemento dos nosos barcos de madeira. A aprendizaxe será guiada por José Manuel Gómez Porto, carpinteiro de ribeira profesional, e desenvolverase na carpintería do porto de Lorbé (Oleiros).

Para inscribirse no curso, só hai que chamar aos teléfonos 661 467 727 ou 696 885 666, ou ben escribir un correo electrónico a ospatexeiros@gmail.com.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *