Curso de velaría e acastillaxe n’A Aixola

O centro de formación A Aixola de Marín, anuncia a apertura das inscricións no seu próximo curso de velaría e acastillaxe.

O curso ten unha duración de 350 horas en horario de mañá, estendéndose desde o próximo 5 de outubro até finais de xaneiro do ano próximo. Trátase dun curso eminentemente práctico, con un 80% do tempo lectivo dedicado a esta modalidade.

O obxectivo desta acción formativa é capacitar ao alumnado participante para realizaren operacións de reparación e mantimento de velas e aparellos, identificando os diferentes tipos de técnicas e deseños.

Toda a información e os datos de contacto do centro poden ser consultados na súa web http:/aixola.cetmar.org, facilitamos ademáis a ligazón ao programa do curso, onde se encontra tamén o formulario de preinscrición.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.