Curso de velería para embarcacións tradicionais

Os Patexeiros organizan a continuación do seu curso de velaría que deu comezo no ano pasado. Nesta ocasión, o obxectivo é a confección dunha vela caranguexa.

O curso terá unha duración de 16 horas e será gratuito tanto para as persoas socias como non socias, pero como requisito para a participación é necesario ter realizado a primeira parte do curso ou, no seu defecto, ter experiencia en velería (incluindo saber coser a máquina).

Está previsto que as sesións teñan lugar na Dársena Deportiva de Oza en catro sábados consecutivos, do 23 de abril ao 14 de maio, en horario de 9:45 a 14:00.

Para máis información, podedes contactar cos Patexeiros no 696 885 666 ou por email escribindo a ospatexeiros@gmail.com.