Culturmar, en colaboración con colectivos membros da federación, organizará nas próximas semanas diversos cursos de mantimento de embarcacións tradicionais, impartidos por carpinteiros de ribeira; así como sobre técnicas de velería apropiadas á nosa frota, a cargo de veleiros profesionais.
Estas accións están destinadas a mellorar a calidade técnica das tarefas regulares de mantimento da nosa frota, traballo fundamental na salvagarda do patrimonio marítimo e fluvial que recae anualmente no voluntariado participante nos nosos colectivos.
A iniciativa foi posible grazas á colaboración da Consellería do Mar da Xunta de Galicia que achega a financiación necesaria para a súa realización.