A Confraría de Pescadores San Martiño do Grove, organiza dous Cursos de elaboración de Nasas e Cestería mariñeira, que son gratuitos e contan co financiamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
Hai dúas convocatorias, a primeira delas será entre o 12 de abril e o 5 de maio; e a segunda comezará o 7 de maio, rematando o 2 de xuño.
O cursos serán os luns, mércores e venres, de 18.00 a 20.00h nas instalacións da propia Confraría.
Os interesados poden informarse na Confraría ou no teléfono 986 733 590, e a data límite para o primeiro curso será o 9 de abril, mentres que para o segundo será o 5 de maio.
(Vía Todogrove.com)