Hai 101 anos naceu un balandro no Freixo, o Ancla, que hoxe ainda navega co nome de Evangelina. Manuel Gago Pérez é Oficial Radioelectrónico da Mariña Mercante, e mantén o blog S.M.S.S.M. para P.E.R, con abundante información sobre o Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima, e nun interesante documento narra a historia do Ancla, logo Evangelina. Pero non só a deste barco senón que nel tamén hai información sobre barcos coetáneos que se dedicaban ao transporte de mercadorías e á compra de peixe a flote.
No mesmo blog poderedes atopar outro fermoso documento sobre a familia do autor en Aguiño, os Ayaso e os Parada, que casualidades da vida, facían dornas, velas, e cabos. No documento hai unhas boas fotos sobre a confección de cabos, e no blog hai varios vídeos demostrativos.
(Vía Capítulo 0)