De piscatores a mareantes: Evidencias arqueolóxicas de pesca e marisqueo en Punta Atalaia (San Cibrao, Cervo). Conferencia

Mañán 24 de maio ás 19:00 h vai ter lugar no Museo Provincial do Mar en San Cibrao, Lugo, a conferencia De piscatores a mareantes: Evidencias arqueolóxicas de pesca e marisqueo en Punta Atalaia (San Cibrao, Cervo) a cargo de Víctor Bejega García e Esteban Álvarez Fernández.

Os protagonistas da conferencia son os habitantes do castro da Punta Atalaia, en pleno San Cibrao, do que se falou non hai moito ao descubrirse a destrución dunha sauna castrexa que se conservaba case intacta. No Web de Mariña Patrimonio podedes atopar ampla información sobre este castro costeiro.

(Vía Mariña Patrimonio)