Despedida de ano nas Antípodas

Un ano máis, a Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros organiza o 31 de decembro a xa tradicional Despedida de Ano nas Antípodas. Trátase dunha curiosa celebración que ten lugar en Sada (A Coruña) desde hai case dúas décadas para celebrar o comezo de ano nas antípodas galegas, alá polas terras de Australia e Nova Zelandia.

Jaime Paz Loureiro, fundador e tesoureiro dos Patexeiros, explica que a festa para recibir o aninovo faise cada ano cun lugar diferente do continente de Oceanía. Este ano, a celebración farase en irmandade coa illa de Samoa,  situada a metade de camiño entre Nova Zelandia e Hawái.

Estes son algúns dos países xunto cos que até agora se festexou o aninovo:

Este singular festexo concentra cada ano entre 12 e 15 embarcacións, principalmente barcos de vela tradicional, vela lixeira ou de cruceiro. Arredor de 50 persoas entre maiores e crianzas, se xuntan antes das 12 do mediodía ataviados con gorros e outras prendas navideñas, postres e, como non, as tradicionais doce uvas.

Minutos antes das 12, soa unha corneta, ízase a bandeira do páis co que se festexa a chegada do novo ano e, se o tempo acompaña, saen do porto para navegar tranquilamente. Ás 12 en punto, soan as badaladas e, tal e como manda a tradición, toca comer as uvas. ‘O Canouro’ é o barco que leva desde hai algúns anos a bandeira do páis das antípodas elixido. Este bote das Rías Altas locerá esa bandeira até que rematan as festas do Nadal, despois de día de Reis.