O vindeiro día 1 de decembro ás 22:00 h vai ter lugar no Bar Cazadores (r/ Magdalena) de Ferrol un dos actos do Des-Concerto Expansivo organizado por Burla negra.
O Desconcerto consta de varios actos simultaneos en toda Galicia para conmemorar o 10 aniversario do Prestige. A entrada é de balde. No caso de Ferrol o acto contará con:
Antón Varela, Gaiteiro
Fernando Naveiras “Fefi”, Canción
Bernardo Máiz, Historiador
Guillermo Ferrandez, Poesía
Karlotty, Poesía
Manolo Bacallau, Canción
María Manoela, Canción
Marqués das Viñas, Canción
Roberto Grandal, Acordeón
Roger de Flor, Canción
Xosé Mª Dobarro, Filólogo
Asociacións:
Lefre de Caldereta
Poesía Salvaxe
Un comentario sobre “DesPRESTIGE. Des-Concerto Expansivo en Ferrol”
Comments are closed.
de MANUEL ANTONIO
SÓS
Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós
Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco
Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa d’ o horizonte
Este oucéano destracou d’ as costas
e os ventos d’ a Roseta
ouretáronse ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d’ o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d’ os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura
N’ o cuadrante estantío d’ as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d’ o Mar
fixo d’ o barco un cadaleito
Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco
nós.