Día das Letras. Empeza a tempada da Escola de Navegación Tradicional da Arousa

O vindeiro 17 de maio como sucede xa desde hai moitos anos a Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna inicia a súa tempada de navegacións. E como outros anos aproveitase ese día para botar os novos barcos da ENT. Este ano serán tres os barcos que pasarán a formar parte da flota: o galeón Rei do mar, o racú O Republicano, e o bote de Ribadeo Unicornio.

O Rei do mar, do que xa temos falado, é un galéon recuperado que aparella dous paus con velas de relinga, algo que había cen anos que non se vía na Arousa. O Republicano é un pequeno racú recuperado en Caldebarcos, e o Unicornio é un bote de Ribadeo aparellado con cangrexa, e que podía verse habitualmente varado na praia de Santomé.

O programa da festa ademais da navegación inclue actuacións musicais e a presentación de Íria, a nova novela de Anxo Angueira, na que tamén participará Dionísio Pereira. Íria é o nome do galéon que na novela convértese nun dos protagonistas da historia que transcurre nos anos 60 do pasado século.