Día das Letras Galegas no Museo do Mar de Noia

O vindeiro día 17 de maio o Museo do Mar de Noia organiza unha serie de actividades para celebrar o día das Letras Galegas. A partir das 19:00 h presentarase o libro Léxico-gráfico na ría de Muros e Noia, de Emilio García Portosín. José Ramón Mariño, vicepresidente de Amonaga, mostrará o modelo navegable do Carmen Barcia. Os poetas Paco Souto, María José Fernández e Xosé Iglesias, xunto con colaboradores do Museo darán un recital poético. Tamén haberá unha exposición fotográfica de Elena fotos Noia.