A Delegación en Galicia de Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos, acaba de publicar o Dicionario Galego de Construción Naval.
Esta obra consta de perto de 2000 voces en galego, coa definición e tradución ao inglés, castelán e portugués.
É froito do traballo de varios especialistas en lingüistica e construción naval, que contaron coa colaboración de varios estaleiros de distintas zonas de Galicia.
Pode ser consultado directamente no web, ou baixado en pdf para o seu uso local. O seu interfaz web é elegante e potente permitindo facer procuras moi precisas.
Os autores agradecen que quen poida aporte máis voces ou máis información sobre as existentes para mellorar o dicionario, e para eso dispuxeron no web un formulario que permite colaborar na mellora do diccionario.
Esta é unha valiosa obra que nun futuro será moito mais valiosa, se cabe, coa axuda de todos nos.
3 cometarios sobre “Diccionario galego de construcción naval”
Comments are closed.
O Dicionario atópase na seguinte dirección web:
http://www.dicionarionavalgalego@ingenierosnavales.com
Dende alí pódense facer descargas gratuitas do mesmo.
Neste intre o Dicionario só inclúe arredor de duas mil voces, mais pretendemos completalo pouco a pouco coa colaboración de todos, así como corrixir os posíveis erros. Agradeceránse moito todas as achegas para melloralo e enriquecelo.
Saúdos.
guillermo, e os outros, moitas gracias por este traballo.
Faltan algunhas palabras propias da navegación tradicional. Sen ánimo exhaustivo e por exemplo: arca, couso, bolinar. E outras non aparece o significado específico como bolina ou relinga. Será cousa de axudar.