Domingo Ayaso, Premio Traxectoria nos Premios de Artesanía de Galicia

Onte entregouse en Compostela o Premio Traxectoria a Domingo Ayaso, o último mestre construtor de dornas cuxo taller está en Aguiño. Este premio dentro dos Premios de Artesanía de Galicia recoñece unha traxectoria de 50 anos construíndo dornas, 50 anos de traballo como carpinteiro de ribeira. Ayaso é a cuarta xeración de carpinteiros de ribeira construtores de dornas. O seu bisavó iniciou unha saga que remata con Domingo porque non hai ninguén na familia que continue co seu taller.

Do taller de Ayaso saíron máis de 500 dornas de todos os tamaños, desde as pequenas polbeiras ata as grandes dornas xeiteiras como a Rabandeira, a Falucheira ou a Insuabela. As súas dornas teñen unha fasquía e unha calidade de acabado que as fan recoñecibles entre moitas.

No blog de Lajareu pódese ver unha serie de posts que fan un seguimento da construción da Insuabela hai xa dous anos. O vídeo seguinte é unha entrevista feita a Ayaso no seu taller

Tamén se pode ver o documental Cadernas da historia onde aparece xunto a Luís Rei, Pepe Garrido, Anxo Telmo e Paco Venturiña falando da dorna

(Imaxe: Lajareu por Barlovento. Ayaso na fase inicial da construción da Insuabela)

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.