A carpintería de Casqueiro e o estaleiro de Carlagho están ameazados polo proxecto de paseo marítimo da Seara en Moaña. Inicialmente estaba contemplada unha solucion de madeira sobre pilotes para o paseo. Esta solución respetaba o patrimonio marítimo da zona, entre o que estan dous estaleiros e varias rampas e escaleiras de acceso ao mar. Pero o proxecto que finalmente se quere levar a cabo é un paseo marítimo “típico”, que vai eliminar as rampas e escaleiras, e o que é máis grave elimina a fachada e o acceso ao mar dos dous estaleiros.
O estaleiro de Carlagho está sendo usado por Sueste para facer os traballos de reparación dos seus barcos, organización de cursos, campos de traballo e actos culturais de diverso tipo. A carpintería de Casqueiro ten concesión ata o 2018. Ambas instalacións son importantes elementos do patrimonio marítimo moañés.
A primeira opción para o paseo respetaba o patrimonio, e específicamente respetaba o acceso ao mar dos estaleiros, permitindo mediante unha ponte mobil o paso dos barcos cando fose necesario. A nova opción elimina por completo a relación co mar dos estaleiros.
Ainda que a oposición no Concello conseguiu parar no pleno o proxecto, o alcalde pretende levalo adiante de todos modos, xa sexa chegando a un acordo ou aprobandoo na Comisión de goberno.
No pleno mencionado o arquitecto Juan Manuel Fernandez Rivas, quen tivo a idea inicial para o paseo, presentou un informe sobre o actual proxecto do paseo onde deixa claro que de levarse a cabo tal como está previsto, o dano ao patrimonio marítimo sería irreparable (na imaxe en vermello os elementos que desaparecerían)
Do mesmo arquitecto pódese ver o proxecto que presentou ao concurso restrinxido convocado polo Concello e que foi gañado pola consultora Lagares OK, quen fixo proxecto actual e vai dirixir a obra.
Abaixo copiamos a lista de noticias sobre este tema que publicou o Faro de Vigo nos últimos anos:
Un comentario sobre “Dous antigos estaleiros de Moaña ameazados polo paseo marítimo”
Comments are closed.
É unha pena que o alcalde de Moaña teña tan pouco tacto neste tema. Non é comprensible que tendo enriba da mesa proxectos técnicos máis integradores pero que resolven igualmente o problema existente na zona, aposte por as expropiacións e os recheos.
Ademáis estase promovendo a recollida de firmas a favor dese proxecto que quere aprobar o alcalde, cousa que está facendo que a conflictividade entre a veciñanza aumente considerablemente.
Parabéns por facervos eco da problemática.