Dúas candidaturas para o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Cabo de Cruz (Boiro) e Combarro (Poio) son as dúas sedes propostas pola Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras “Gamela” de Cabo de Cruz e polo Clube Mariño A Reiboa de Poio respectivamente. A decisión sobre cal dos dous portos acollerá o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia será tomada pola Asemblea Xeral da FGCMF o vindeiro día 29 de marzo.

Sexa cal for a escollida queremos darlle os parabéns a ambas as dúas polo traballo feito na elaboración das candidaturas e, nestes tempos tan pouco propicios para a ilusión, por ser capaces de xuntar un grande número de persoas e entidades nun compromiso para organizar o Encontro de 2015.

5 cometarios sobre “Dúas candidaturas para o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

  1. Non sei, si sería bo ou malo, abrir un foro onde cada quen deixara a súa opinión sobre si Cabo da Cruz ou Combarro.
    A verdade e que calquera das dúas e boa, moi boa.
    Ainda lembro a mala sorte que tivo Rianxo co tempo … ral.

    A ver para cando alguén da Ria de Vigo se anima. É a gran falta, magoa.

    Saúde

    1. A dous días para a asemblea non paga moito a pena, pero calquera membro dos colectivos da Federación é benvido a asemblea, nela farase unha presentación de cada candidatura na que os asistentes poderan facer preguntas aos representantes de ambas para aclarar calquera dúbida antes de que se vote.

      1. Non estaria mal que cada candidatura puxera as datas nas que teñen programado facer o encontro, salvo que xa estea definido pola Federación que en ese caso tamén debería de poñerse.

        1. Sobre as datas non hai nada definido, vai depender de varios factores que haberá que estudar con calma (festas na contorna, coincidencia con outros eventos, etc.), pero o previsto en principio é que sexa na primeira quincena de xullo de 2015

Comments are closed.