Os amigos de Albaola acaban de iniciar a tala das arbores coas que van construir unha réplica da nao San Juan, un baleeiro vasco afundido en Red Bay, Canada, en 1565. O San Juan fora construido en 1563 en Pasaia e como outros barcos vascos facía campañas de pesca da balea nas terras do leste de Canada.
Hai anos que se atopou o pecio do San Juan, o que permitiu ter unha gran cantidade de información sobre a tecnoloxía naval vasca de mediados do XVI. Baixo o San Juan atopáronse os restos prácticamente completos dunha chalupa baleeira da que as naos podían levar ata 5, e da que xa se construíu unha replica coa que Albaola fixo a expedición Apaizak obeto navegando na zona de Canada onde antigamente pescaban os vascos.
A construción da réplica do San Juan é un proxecto de arqueoloxía experimental: vaise facer con tecnoloxía do XVI, e vai navegar coa tecnoloxía do tempo no que este tipo de barco era o máis avanzado. Durante a construción o público poderá visitar o estaleiro e ter de primeira man unha idea de como era a construción naval hai case 500 anos. O proxecto encádrase na capitalidade cultural europea Donostia 2016, a quen representará nas súas navegacións.
Desexámoslle bo vento a este máis que interesante proxecto de Albaola.
Máis información sobre a nao e os baleeiros vascos:
Grenier, Robert. The basque whaling ship from Red Bay,Labrador: a treasure trove of data on Iberian atlantic shipbuilding design and techniques in the mid-16th century.
Azkarate, A., Hernández, J. A., Núñez, J. Balleneros vascos del siglo XVI (Chateau Bay, Labrador, Canadá). Estudio arqueológico y contexto histórico.
2 cometarios sobre “Empeza a construción da nao San Juan”
Comments are closed.
Qué lección más bonita de apoyo a la historia desde el Pais Vasco.
Lástima, na nosa Galicia, que os exemplos teñan que ser puro esforzo persoal sin apoios institucionáis, caso da Balbina(por exemplo).
Albaola aurrera!