Como estaba previsto o VII encontro iniciou as suas actividades onte día 7. Os barcos están atracados no peirao das Goritas, e a pesar do forte vento do Norte, que dificulta a navegación, en canto baixe un pouco de intensidade sairán a navegar.
Os pavillóns teñén unha gran aceptación, tanto os dos Museos e Na onda, como a Vila mariñeira, cos obradoiros para nenos.
Na web do encontro pódense ver algunhas fotos feitas o día 7.