En tempo de inverno

Estamos na metade do inverno pero a actividade arredor do mar non está conxelada. Os Amigos da Dorna Meca hai poucos días que botaron ao mar a Laxe de Boibas e A Rubia, as súas dúas dornas de tope, mentres que máis ao norte, en Mera, o C.N. Punta Bufadoiro ten case lista a recuperación da súa buceta Amalia (arriba na foto), da que xa falamos hai tempo, cousa que non foi posible coa Lolita que sirveu para sacar plantillas que permitirán a construción dunha rèplica.
E un pouco máis ao norte, en Lorbé, os Patexeiros seguen co seu curso de carpintería.