Hoxe, e mañán vai ter lugar na nave de redeiras de Cangas o proxecto artístico Enconserva. O principal obxectivo da iniciativa céntrase en promover unha exposición colectiva onde teñan cabida as distintas disciplinas artísticas. Para lograr unha unidade neste traballo, propuxose centrar a actividade arredor dun tema común: a antiga fábrica conserveira de Massó.
O programa é moi interesante, amplo e variado, incluindo pintura, escultura, comic, fotografía, música, teatro, video, e gastronomía.