Enmenda á nova Lei de navegación marítima

Neste momento estase a traballar no Parlamento Español na nova Lei de navegación marítima, que na súa redacción actual non contempla a existencia das embarcacións tradicionais nin históricas.
A partir das xornadas sobre barcos históricos que tiveron lugar no Museo Marítimo de Barcelona recentemente, coa axuda de Jaime Rodrigo, avogado, profesor de dereito marítimo e presidente da Sección de dereito marítimo do Colexio de Avogados de Barcelona, e coa participación da FGCMF, procedeuse a redactar unha enmenda que de ser aceptada fará que por primeira vez se contemple a existencia das embarcacións tradicionais e históricas na lexislación española.
Desde as federacións galega, catalana e andaluza contactouse cos partidos políticos con representación parlamentaria para que apoien a enmenda e en principio todos os partidos parecen favorables.
Achegámosvos os tres documentos que neste momento xa están en poder dos parlamentarios:

9 cometarios sobre “Enmenda á nova Lei de navegación marítima

  1. A primeira frase da emenda (Porque con ella nos ponemos a la altura del resto de países europeos en temas como la protección del patrimonio cultural marítimo) é fundamental. Debemos ser dos poucos, senón o único país de Europa que carece dunha normativa que non contempla este tipo de embarcacións…

    E, postos a comparar, se hai un Regulamento de Vehículos Históricos, por que non de embarcacións?

  2. A primeira frase da emenda (Porque con ella nos ponemos a la altura del resto de países europeos en temas como la protección del patrimonio cultural marítimo) é fundamental. Debemos ser dos poucos, senón o único país de Europa que carece dunha normativa que non contempla este tipo de embarcacións…

    E, postos a comparar, se hai un Regulamento de Vehículos Históricos, por que non de embarcacións?

    1. Facer un regulamento de embarcacións “históricas” sería un erro “HISTÓRICO” na miña opinión. As embarcacións tradicionais, son e teñen que seguir sendo, embarcacións VIVAS, non embarcacións conservadas en formol. O que hai que conseguir é que sexan consideradas unha sección dentro da Lista 7ª de embarcacións de lecer, porque na actualidade só se manterán vivas se a xenta as uso pro seu lecer: navegación de lecer e pesca recreativa.

      1. Penso que unha cousa non ten por que ser incompatible coa outra… Do mesmo xeito, nin todas as embarcacións tradicionais teñen por que ser históricas, nin viceversa…

        E, xa que saquei o tema dos vehículos históricos, saberás que os seus propietarios non os teñen por que ter, precisamente, conservados en formol. Moitos deles lévanche unha vida ben activa…

        1. Se teñen unha vida ben activa, entón non os teñen na matrícula de vehículos históricos, porque nesa matrícula o seguro especial só permite que os saquen pra desfiles e concentracións, non que se usen coma utilitarios pro uso cotiá; e iso é o que precisamente temos que chegar a conseguir cas embarcacións tradicionais se queremos que volvan a ter vida: que se usen con normalidade coma embarcacións de lecer e deportivas, non só en concentracións e desfiles náuticos.
          Embarcacións tradicionais e embarcacións históricas non son incompatibles pero son cousas diferentes, e iso temos que telo claro. O “Hidria” é unha embarcación Histórica ou especial, pero non tradicional, e a Dorna que gañou a copa Galicia de Dornas é unha embarcaión tradicional pero non histórica.
          Saudos

          1. Os animo a seguir adelante, como Federación y como colectivo. Ojalá en todas partes de la Península hubiera el movimiento que habéis conseguido entre todos en Galicia.

            Hablando de vehículos históricos, aquí va una “perla” sacada del preámbulo del real decreto que los regula. Se aprobó hace nada menos que catorce años. A ver quién nos discute que las embarcaciones históricas y tradicionales no se merecen, como mínimo, el mismo trato.

            Saludos.
            Josep-Anton

            REAL DECRETO 1247/1995, de 14 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Vehículos Históricos.

            «Con dicha proposición el Congreso se hacía eco de las aspiraciones de múltiples usuarios, que venían subrayando la insuficiente regulación de los vehículos históricos por el artículo 249 del Código de la Circulación, que contemplaba aquéllos sólo como vehículos de exhibición, cumpliendo determinadas trabas burocráticas».

            «Sin embargo, los llamados vehículos históricos, que reúnen ciertos requisitos de antigüedad y singularidad, no pueden, precisamente por ello, someterse sin más a la normativa común y precisan un régimen especial que salvaguarda su carácter representativo y simbólico de una determinada época de la producción automovilística y de la importante significación que la misma tuvo en la cultura de nuestros tiempos».

            «Ese objetivo de carácter general permite, por otra parte, ofrecer un adecuado régimen de catalogación y circulación de esos vehículos, cohonestando su preservación y, al mismo tiempo, su utilización por los interesados, rodeando a esta última de las necesarias seguridades de índole técnica y mecánica».

  3. Olá amigos. Não posso fazer um comentário curto pois este assunto é longo… A emenda a nova lei de navegação marítima espanhola que considere as embarcações tradicionais e as embarcações históricas
    é muito importante.Concordo com a ideia das embarcações vivas, quer dizer, que voltem à água para navegar e só mesmo em último caso, fiquem à guarda dos museus dentro de salões em seco … mas para isso, voltar à àgua, elas têm de ter enquadramento legal. Têm de pertencer a um grupo identificado pela lei. Em Portugal fala-se do mesmo assunto e temos previsto a categoria de “embarcação histórica” mas não existe lei que identifique facilmente as embarcações históricas tradicionais, por isso se restauramos alguma embarcação destas, elas não podem voltar à água sem matricula ou registo legal, assim à falta de lei inscrevem-se como embarcações desportivas, nautica-turistica ou auxiliar de pesca. Temos hoje vários pedidos ao IPTM (Instituto Português Transportes Marítimos) organismo que regula estes pedidos e continuamos à espera da boa vontade dos tecnicos. Se a lei fosse clara, obtíamos o registo no imediato.

    1. Ola Ivone, non te coñezo, pero polas tuas palabras vexo que estamos a falar de cousas diferentes. Precisamente a grande vantaxe que tedes en Portugal é que podedes inscrever unha embarcacion na matricula deportiva ou nautica-turistica (o que aquí é a 7ª lista da matricula de buques)con só pagar a inspeccion do Enxeñeiro da Capitanía de porto correspondente (creo que son 200 euros)como era aqui ate o ano 1992, sen ter que pagar o “imposto revolucionario” dos planos asinados por un Enxeñeiro Naval, e agora ainda enriba temos outra eiva maís: o ter que pasar o “marcado CE(Comunidade Europea)”, polo que temos que falar dos “impostoS revolucionarioS”, o cal provoca que, por exemplo facer unha Gamela de 4 metros de comprimento (o que vos lle chamades unha Masseira) que custa facela aquí na area de Vigo 600-700 euros, hai que engadirlle entre 800 e 1.000 euros polos planos asinados polo Enxeñeiro Naval, máis outros 800 – 1.000 euros polo marcado CE post-construccion, o cal automaticamente dispara o custe a 2.500 euros, cando por 1.500 euros tes embarcacions de poliester prontas a navegar e listas de papeis. Iso é o que está a provocar a morte certa das embarcacións tradicionais: o que a xente o teña tan dificil o poder usa-las pro seu lecer. Se os galegos poidesemos abandeirar libremente en Portugal, coma cidadans que somos da Union Europea (que por certo entrou onte en vigor o tratado de Lisboa), teriamos o 90% dos nosos problemas solucionados, pero temolo prhibido pola Dirección General de Aduanas Española.
      Paréceme que é andar pra atras o confundir unha embarcacion historica (como pode ser a nosa carabela “Pinta” de Baiona ou o voso navio Hospital “Gil eanes” de Viana) con unha embarcación tradicional coma pode ser unha gamela, unha Dorna, unha Masseira ou un Moliceiro.
      Saudos dende Baiona

      1. A Nova Lei.
        Xa hai tempo, lembro que polo 2002, escomezamos a falar coa administración do tema da “situación” das embarcacións tradicionais dentro do “ordenamento” das embarcacións no Estado. Nada se concretou, esto ten xurdido en todolos foros onde se abordaba a problematica das EETT. falamos de listas, de permisos de construccións ata das voltas que se dan para burlalos.
        Cando foi do Encontro de Ferrol o técnico de Fomento que asisteu as xornadas tecnicas, pudo tirar boa nota da problematica, que é variopinta. O que me sorprende (ou non) e que en onde se lexisla non se tivera en conta xa a nosa existencia, somentes existen os grandes veleiros. Dito esto, penso que e preciso definir moi ben e distinguir as embarcacións, catalogar con seriedade, non todo é unha embarcación tradicional e o meior distinguir (si cabe) con respecto as embarcaciósn historicas. Ahí andamos penso.
        Creo que debemos aportar un texto meditado e producto do consenso dos “actores” que medían en este contexto. Penso que é importante a colaboración dos carpinteiros, dos inxeñeiros navais (que non necesariamente teñen que estar en contra da realidade), a FGCMF e de aqueles, privados, que xa levan tempo dandolle voltas a este tema, que os hai. Temos tempo para preparar a enmenda. Debemos ter clara a nosa problematica, a galega, pois está afecta as nosas particularidades. Soio é acordar.

        Por outra banda Jose Manuel, o tema do foliado das embarcacións e cuestión do “Reino de Taifas” que te atopes, onde foio eu non temos esas barbaridades de condicións, aquí interpretase a Lei e foliase,e decir nin proxecto nin historias para unha embarcación de 5 m. … cuaderna maestra e seguridade.
        Saúde
        Fernando Piñeiro

Comments are closed.